Coas dimensións ideais para a ampliación de espazos hoteleiros, restaurantes e discotecas e tamén como almacén industrial. Trátase dunha estrutura modular de aluminio e lona, homologada, de planta rectangular e cuberta a dúas augas, con pórtico diáfano de 15 m e lonxitude ilimitada en módulos de 5m.
É unha carpa moi utilizada como comedor para vodas e outras celebracións no campo. Pola ´sua ampllitude utilízase tamén para exposicións, feiras de mostras, acontecementos deportivos, actos de presentación, etc...
A estrutura modular está pensada para poderse montar fácil e rapidamente en calquer tipo de terreo compacto sen necesidade de ningunha preparación especial. O conxunto forma unha construción sólida e lixeira de gran resistencia ó vento, á neve, etc...
A súa planta rectangular facilita a súa adaptación e integración con outras carpas, pagodas e abris permitindo o aproveitamento funcional e estético dos máis variados espazos.
A lona habitualmente branca pola súa luminosidade e versatilidade, tamén se dispón nunha varieade de cores tanto en liso como a listas e incluso transparente, podendo constituír unha distinción para a súa marca. Dado que os laterais da carpa poden usarse como soporte publicitario "á carta" para engadir logotipos, textos, debuxos, etc. TGM ofrécelle a posibilidade de incorporar Impresión Dixital ou rotulacións á lona.
Se desexas máis información a preto deste produto, enche o formulario e poñerémonos en contacto contigo canto antes. Se desexas a visita dun comercial de TGM marque a casa correspondente.