O Arzúa brazo cruzado está especialmente pensado para todas aquelas instalacións que, pola singularidade do seu emprazamento, ven limitada a súa saída pola lonxitude de liña dispoñible. Isto conséguese mediante a incorporación ó soporte esquerdo dun Kit ART Brazos Cruzados composto por dous terminais adaptables ós brazos ART.
O primeiro Terminal deste Kit está composto por unha peza que unida ó brazo esquerdo faino descender 8 cm respecto á posición do brazo dereito, para que non intercepte a traxectoria do mesmo. Para compensar este descenso en dito brazo, o Kit tamén inclúe un Terminal especial máis longo que queda colocado no brazo dereito, e alcánzase así, a correcta posición horizontal da barra de carga.
Con este conxunto podemos cubrir 3 metros de saída, cando se non se axustase ó toldo este Kit ART Brazos Cruzados, soamente se conseguiría 1,50 metros de saída.
O Brazo Cruzado segue os canons de deseño marcados pola liña ART e benefíciase, ademais das vantaxes que proporciona o sistema de tensión interna mediante cinta.
Se desexas máis información a preto deste produto, enche o formulario e poñerémonos en contacto contigo canto antes. Se desexas a visita dun comercial de TGM marque a casa correspondente.