Bolsa para o traslado e izado de material de traballo. A bolsa multiusos CAC foi deseñada como accesorio de elevación e transporte ata zonas de operación de diverso material de traballo, garantindo en todo momento a seguridade tanto dos usuarios como dos elementos transportados.
Está confeccionada con lona de poliéster de alta tenacidade 1100 dTex recuberto de PVC (900 gr/m2) e verniz CLEANGARD por ambas caras, con asas en 100% poliéster revestido de PVC e base de madeira en formato de tableiro prensado hidrófugo de 1 cm de grosor, recuberto de papel impregnado con resinas melamínicas, características que en conxunto lle aportan gran elasticidade e resistencia tanto a ambientes húmidos como a altas temperaturas.
Na súa parte superior presenta acabados en lona de cordura, a cal actúa como sistema de protección fronte a roces, perforacións, golpes e incluso desgaste xerado polo propio instrumental de traballo.
Ademais, a diferenza doutros sistemas, a bolsa multiusos CAC ofrece a posibilidade de personalización mediante a inserción de logotipos e emblemas así como a selección dunha ampla gama de cores.
Se desexas máis información a preto deste produto, enche o formulario e poñerémonos en contacto contigo canto antes. Se desexas a visita dun comercial de TGM marque a casa correspondente.