O modelo CT conta cunha tapa de lona cun cómodo sistema de peche por medio de cordón macizo. A bolsa multiusos CT foi deseñada para o seu uso como accesorio de elevación e transporte para o traslado e izado de diverso material de traballo ata zonas de operación, garantindo en todo momento a seguridade tanto dos usuarios como dos elementos transportados.
Está confeccionada con lona de poliéster de alta tenacidade 1100 dTex recuberto de PVC (900 gr/m²) e verniz CLEANGARD por ambas caras, con asas en 100% poliéster revestido de PVC.
Incopora na súa base un tableiro prensado hidrófugo de 1 cm de grosor, recuberto de papel impregnado con resinas melamínicas, características que en conxunto lle aportan gran elasticidade e reistencia tanto a ambientes húmidos como a altas temperaturas. Para manter a súa forma cilíndrica incorpora na súa parte superior un aro cilíndrico que lle dá consistencia. O equipo complétase coa tapa de lona cuxo sistema de pche é por medio de cordón macizo.
Ademais, a diferenza doutros sistemas, a bolsa multiusos CAC ofrece a posibilidade de personalización mediante a inserción de logotipos e emblemas así como a selección dunha ampla gama de cores.
Se desexas máis información a preto deste produto, enche o formulario e poñerémonos en contacto contigo canto antes. Se desexas a visita dun comercial de TGM marque a casa correspondente.