O novo deseño do Tgmbox L400, aínda que segue a coidada estética de todos os nosos produtos, dá un paso máis alá e consegue unha formas e liñas avanzadas ó seu tempo. Cun perfil aerodinámico de liñas e liñas avanzadas ó seu tempo. Cun perfil aerodinámico de liñas suaves e redondeadas, o Tgmbox L400 rompe coa clásica estrutura dos mecanismos para toldos e preséntase como un modelo lixeiro, fácil de instalar e de gran beleza.
O funcionamento básico do novo Tgmbox L400, parte do sistema cofre, unha solución técnica que protexe o toldo cando está recollido e, así, mantén a salvo dos axentes atmosféricos, á lona e ó propio mecanismo do toldo.
O Tgmbox L400, pola súa particular estrutura, permite dous tipos diferentes de suxeición: frontal e a teito. Con estes dous sistemas de sustentación, obtense, en frontal, unha inclinación de 6º a 66º, e a teito de 18º a 66º. Co Tgmbox L400 alcánzanse dimensións máximas de 4 metros de liña por 2,5 metros de saída.
Brazo A.R.T. 250
O Tgmbox L400 está especialmente preparado para incorporar á súa estrutura os brazos invisibles A.R.T 250.
Con estes brazos conséguese unha mellor transmisión grazas ó seu sistema de tensión interna ART System, que proporciona máis forza e resistencia, e que alonga a vida do equipo 10 veces máis ó superar os 3.000 ciclos. Así, o Tgmbox L400 benefíciase de todas as vantaxes técnicas e de deseño avanzados dos brazos ART.
Se desexas máis información a preto deste produto, enche o formulario e poñerémonos en contacto contigo canto antes. Se desexas a visita dun comercial de TGM marque a casa correspondente.