Sistema tradicional usado na instalación de toldos. Especialmente deseñado para ventás e instalacións de pequenas dimensións, cunha liña máxima de 8 metros e unha saída de ata 2 metros mediante o abatemento frontal dos brazos. Presenta tres posibilidades de fixación: frontal, a teito e entre paredes.
Clasificación segundo Norma: Clase II
Trátase dun toldo deseñado para ventás, que se caracteriza polo seu sistema de abatemento frontal dos brazos. A forza interna de tensión que posúe este modelo, transmítese á lona en forma de tensión, permitindo soportar o efecto do vento sen deformación.
O sistema está especialmente deseñado para que se vaia minorando a tensión a medida que o toldo se vai enrolando a fin de non someter, nin á lona nin ós soportes, a forzas innecesarias cando o toldo está pregado.
Estes conxuntos poden subministrarse en distintos lacados. En canto á tela, o noso catálogo contén unha gran variedade de deseños lisos e listados, en acrílico tintado masa, lona microperforada ou tecido plástico (poliéster recuberto de PVC).
Se desexas máis información a preto deste produto, enche o formulario e poñerémonos en contacto contigo canto antes. Se desexas a visita dun comercial de TGM marque a casa correspondente.