A NOSA ORIXE

Compromiso de calidade desde 1909

1909

FUNDACIÓN DA GUARNICIONERÍA

Natural de Pereiro de Aguiar, Antonio Gómez #iniciar no oficio de «albardeiro» na Coruña, abandonando en 1909 esta cidade para instalarse na vila de Arzúa. Alí namorouse, tivo oito fillos e puxo en marcha a engrenaxe do que anos despois constituiría TGM - Toldos Gómez.

1936

FALECEMENTO DE ANTONIO GÓMEZ

O artesán Gómez faleceu o 28 de maio de 1936, a súa viúva, Matilde Cea, contaba entón con 38 anos e oito fillos. Números pares para unha muller que quedaba soa e sumida na dor. Chorar ausencias era un luxo para unha muller, que proxectou todas as súas enerxías na educación e coidado dos seus fillos. De modo que aos poucos foi facéndose cargo das actividades do cónxuxe, pronto sería axudada por dous dos seus fillos: Manuel e Cándido

1960

PRIMEIROS PASOS NA CONFECCIÓN DE TOLDOS

«Guarnicionería Hermanos Gómez», foi o nome daquel embrionario taller, onde se fabricaron con devoción as primeiras monturas galegas. Nos anos 60 presentouse unha crise no sector pola introdución da maquinaria agrícola e a redución do traballo con animais, unha situación que obrigou aos irmáns para buscar outras vías de ingresos. Así, a partir de 1968, inícianse na confección de toldos e lonas para feirantes, capas para montar dacabalo e, aproveitando as máquinas de coser instaladas na guarnicionería, o remendado de lonas de algodón

1970

CONSOLIDACIÓN DE TOLDOS GÓMEZ

A finais dos anos 70, o taller dos Gómez traballa por primeira vez con lona de PVC. É tamén a década na que comezan a fabricar toldos de fachada. Os netos do fundador, desempeñaban, xa entón, un importante papel no negocio familiar.

1977

CONSTRUCIÓN DA PRIMEIRA NAVE EN O RAÍDO

Durante case unha década, guarnicionería e toldos conviviron nunha mesma sede, ata que en 1977 constrúese a primeira nave destinada á confección de lonas, desde a que funcionou o negocio de toldos con certa autonomía. Antonio, fillo de Manuel, quedaría á fronte do novo negocio

1990

CONSTITUCIÓN DE TOLDOS GÓMEZ S.L.

Para unha mellor xestión, separando os negocios de guarnicionería e toldos, constituíuse o 20 de setembro de 1990 «Toldos Gómez S.L.», separándose xa definitivamente do negocio orixinario da guarnicionería que continuou e continua a súa traxectoria diferenciada.

2000

EXPANSIÓN POLA XEOGRAFÍA GALEGA

No momento de constituírse Toldos Gómez S.L. a empresa contaba con centros de traballo en Arzúa e Santiago (no Polígono Industrial do Tambre, adquirido en 1987). En 1999 ábrese un centro de traballo en Bergondo e no ano 2000 en Lalín. En 2013 púxose en marcha un novo edificio no parque empresarial de Arzúa de 6.879 metros cadrados. En 2021 pechouse o centro de Lalín, quedando así os catro centros de traballo que ten en Galicia a día de hoxe.

2016

SUBSTITUCIÓN DE ANTONIO GÓMEZ

En setembro de 2016, e despois de case 50 anos á fronte da empresa, xubilouse como Director Xerente don Antonio Gómez Alamancos, verdadeiro artífice da evolución da empresa no último medio século. Antonio, aínda que xubilado, continua vinculado á empresa desde o cargo de Presidente do Consello de Administración e como socio. No cargo de Director Xerente foi sucedido por Esteban Raposo Gómez.

MEDIOS HUMANOS E TÉCNICOS

A aposta pola formación continua do persoal, e a continuidade no tempo das relacións laborais que levou a cabo a dirección da empresa conformou un equipo cohesionado e moi cualificado, o principal activo de TGM - Toldos Gómez.

4 FÁBRICAS EN GALICIA

Desde as súas orixes TGM - Toldos Gómez foi incorporando as últimas tecnoloxías dispoñibles no sector ao seu proceso industrial para converterse na empresa referente de toldos en Galicia.

Unha das principais vantaxes competitivas de TGM - Toldos Gómez é a súa capacidade produtiva. E é que na actualidade TGM - Toldos Gómez conta con cinco fábricas en Galicia, segundo o seguinte detalle:

SEDE CENTRAL: ARZÚA 1

SEDE CENTRAL: ARZÚA 1

VER MÁIS

ARZÚA 2

ARZÚA 2

VER MÁIS

SANTIAGO

SANTIAGO

VER MÁIS

BERGONDO

BERGONDO

VER MÁIS

Utilizamos cookies para garantir que obteña a mellor experiencia no noso sitio web. Se rexeita o uso de cookies, é posible que este sitio web non funcione como se espera. Podes obter máis información na nosa Política de Cookies