Esta carpa de planta rectangular e cuberta a dúas augas, con pórtico diáfano de 10m e lonxitude ilimitada en módulos de 5m, é unha estrutura modular de aluminio e lona, homologada. A carpa AL10 é un produto económico, dos máis solicitados polo consumidor, de rápida amortización e que mantén un elevado valor de recompra e polo tanto ideal para empresas que desexen introducirse no amplo e rendible mercado do aluguer de carpas.
Moi utilizada en celebracións, exposicións itinerantes, presentacións, superficies de venta, actos deportivos, festas, consitúe un modo rápido e económico de crear ou ampliar instalacións hoteleiras, deportivas, culturais e lúdicas sen ter que solicitar licenza de obras debido a que non se considera obra civil, aportando unha imaxe decorativa e actual.
A estrutura modular está pensada para poderse montar fácil e rapidamente en calquera tipo de terreo compacto sen necesidade de ningunha preparación especial. O montaxe realízase dende o chan, sen necesidade de custosas grúas e co mínimo persoal.
O conxunto forma unha construción sólida e lixeira de gran resistencia ó vento, á neve, etc. A súa planta rectangular facilita a súa adaptación e integración con outras carpas, pagodas e abris permitindo un aproveitamento funcional e estético dos máis variados espazos.
As principais ventaxas que caracterizan esta carpa son:
Si deseas más información a cerca de este producto, rellena el formulario y nos pondremos en contacto contigo lo antes posible. Si deseas la visita de un comercial de TGM marque la casilla correspondiente.