Sistema tradicional usado na instalación de toldos. Especialmente deseñado para ventás e instalacións de pequenas dimensións, cunha liña máxima de 8 metros e unha saída de ata 2 metros mediante o abatemento frontal dos brazos. Presenta tres posibilidades de fixación: frontal, a teito e entre paredes. Clasificación segundo Norma Europa: Clase II
Antica é un modelo inspirado na Roma antiga. Modelo de formas rectas, é o toldo perfecto para dar un toque de elegancia e distinción á súa fachada.
Deseño pertencente á gama dos toldos denominados punto recto, resulta ideal para embelecer a entrada do seu comercio á vez que se converterá no maior reclamo publicitario.
É un modelo onde prima o deseño sobre as súas calidades como sistema de protección solar. Dispoñible en dúas versións, unha con brazo fixo ou directo que non permite recoller o toldo, e outro modelo que incorpora unha máquina elevadora para realizar as manobras de extensión e recollido do toldo.
Antica é adaptable a calquera fachada, as súas dimensións máximas recomendadas son de 5 metros de fronte por unha saída de 1,20 metros, todo elo con unha sinxela instalación que satisfará as súas expectativas.
Unha característica deste sistema é a total independencia dos soportes de tubo de enrole respecto ós soportes dos brazaos, aínda que a principal característica que diferenza a este modelo, é que tanto os brazos como o tubo de carga están fabricados en ferro lacado ó forno, obtendo así este modelo unha identidade propia.
Si deseas más información a cerca de este producto, rellena el formulario y nos pondremos en contacto contigo lo antes posible. Si deseas la visita de un comercial de TGM marque la casilla correspondiente.