Os nosos toldos planos achegan a mellor protección solar e crean espazos prácticos coidando o aspecto estético do teu recuncho favorito. Están pensados para xardíns, grandes terrazas ou áticos, tamén son perfectos para calquera negocio de hostalería e cubrir grandes dimensións. Entre as súas vantaxes e motivos para elixir un toldo plano:
- Reducen o impacto da radiación solar no interior.
- Axudan a diminuír a temperatura xerando benestar.
- Permiten reducir o consumo de enerxía.
- Terás vistas despexadas.
En TGM-Toldos Gómez ofrecemos unha ampla variedade de produtos entre os que elixir para adaptarnos ás túas necesidades e estilo persoal. Poderás escoller entre a nosa gama Eume, modelo Umia, Mandeo ou nosas incribles pérgolas Lérez.