Pensado para instalacións de dimensións reducidas, o modelo Toldo Xacobeo preséntase no mercado como unha aplicación innovadora.
Así, este conxunto permite cubrir liñas de ata 4 metros, con saídas que van dende os 1,25 metros ata os 2,50 metros con tres posibilidades de suxeición frontal, a teito e entre paredes.
Outra novidade que incorpora o Toldo Xacobeo é o seu sistema de regulación de inclinación dos brazos, totalmente interior e que pode efectuarse reversiblemente.
O seu esmerado deseño, que segue a liña estética da gama A.R.T, oculta os elementos mecánicos da fixación , conseguindo así un acabado estético moi depurado.
En canto á tela, o noso catálogo contén unha gran variedade de deseños lisos e listados no acrílico tintado masa, lona microperforada ou tecido plástico (poliéster recuberto de PVC).
Si deseas más información a cerca de este producto, rellena el formulario y nos pondremos en contacto contigo lo antes posible. Si deseas la visita de un comercial de TGM marque la casilla correspondiente.