Un ano máis, TGM-Toldos Gómez somos patrocinadores oficiais da Festa do Queixo de Arzúa 2020

Un ano máis, TGM-Toldos Gómez somos patrocinadores oficiais da Festa do Queixo de Arzúa 2020

12 de febrero de 2020

Do 28 de febreiro ao 1 de marzo en Arzúa son uns días moi especiais. ¡Celébrase a 45ª Festa do Queixo! E é que falar de Arzúa é falar do seu queixo, o producto lácteo denominación de orixe que é un emblema da vila coruñesa e que é homenaxeado cada ano na súa festa.

Este festexo comezou no 1976 ata converterse hoxe nunha das festas gastronómicas máis coñecidas e multitudinarias de toda Galicia.

Para os poucos e poucas que aínda non coñezan o queixo de Arzúa-Ullóa é o que máis producimos e consumimos en Galicia. Está elaborado con leite natural e enteira de vaca e dende 1989 conta coa denominación de Producto Galego de Calidade. Foi feito de maneira artesanal durante séculos pero coa modernización do sector a partir dos 80 introducíronse en Arzúa as primeiras cubas de aceiro, pasteurizadoras, fermentos lácticos e presoiros industriais. Todo isto permitiu controlar mellor o proceso de produción, aumentando a calidade do queixo.

O sabor é similar ao de tetilla cunha textura suave e untuosa pero moito máis cremoso. O de Arzúa é un queixo algo acedo e un pouco salgado. Preséntase en forma circular de bordes redondeados, coma unha esfera achatada por ambos lados cos bordes curvos e ten unha cor amarela pálida.  Se aínda non tiveches a oportunidade de probalo, dende Toldos Gómez recomendámosche cen por cen que veñas a Festa do Queixo a degustalo. ¡Seguro que che encanta!

A edición número 45 da Festa do Queixo, terá de pregoeira a unha das mulleres do momento. ¡A entrañable Benedicta Sánchez! Con 84 anos foi galardoada co Goya a mellor actriz revelación tras recoñecerse o seu papel na película O que arde, do galego, Oliver Laxe. A actriz será a encargada de pronunciar o pregón co que se dará por inaugurada oficialmente a cita gastronómica e cultural. Dende logo, un gran pistoletazo de saída para 3 días de cultura, de gastronomía e de troula coas actuacións xa confirmadas de Ladilla Rusa, El Capitán Elefante, MJ Pérez, Luar na Lubre, Baiuca e Novedades Carminha.

Un ano máis, TGM-Toldos Gómez reforza o seu compromiso cun dos emblemas da comarca arzuana e estará moi presente nesta edición da Festa do Queixo. De feito, somos patrocinadores oficiais do evento e poderás ver a nosa marca nas diferentes comunicacións e soportes onde se dará a coñecer esta edición da Festa do Queixo. A exaltación deste producto gastronómico emblema de Arzúa é o obxectivo último polo que nos implicamos na festividade cada ano. Cremos no compromiso coas raíces do lugar onde nacemos e do cal vimos e co que temos un forte vínculo. Ademáis gústanos apoiar ás tradicións de Galicia. ¡Esperámoste na 45º Festa do Queixo de Arzúa!

Archivado en

Filtrar resultados

Utilizamos cookies para garantizar que obtenga la mejor experiencia en nuestro sitio web. Si rechaza el uso de cookies, es posible que este sitio web no funcione como se espera. Puedes obtener más información en nuestra Política de Cookies